Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.510

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (170/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 170/2002, contra a empresa Diz Gas 40, S.L., sobre salarios, se dictou a seguinte sentencia:

«Sentencia.

A Coruña, 26 de setembro de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 170/2002, seguidos por instancia de Eduardo Alvarado Carrillo, maior de idade, asistido por Ana Jiménez Ramis, contra a empresa Diz Gas 40, S.L., que no compareceu, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Eduardo Alvarado Carrillo, contra a empresa Diz Gas 40, S.L., condenando a demandada a aboarlle ó demandante a cantidade de 3.172,21 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10% por xuros por mora, coa absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade desta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partires da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Diz Gas 40, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 26 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado