Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se aumenta o prazo de información pública do estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da autovía Ferrol-Vilalba, treito: Cabreiros-Autovía do Cantábrico en Vilalba. (Clave: LU/00/74.0).

Detectado un erro de transcrición no trazado aprobado polo Ministerio de Fomento da Autovía do Cantábrico ó seu paso por Vilalba, susbstitúese a folla 10 de 10 do plano nº 3 planta e perfil lonxitudinal, e a folla 3 de 3 do plano nº 5 enlace P.Q. 15+500 ambas do tomo 1 do estudio, e indícase que se aumenta o prazo de información pública en 30 días

hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2002.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas