Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.497

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral interino para este ente público (gardapeirao).

O Consello de Administración de Portos de Galicia aprobou a actual dotación orzamentaria de persoal na súa sesión do 27 de febreiro de 2002 e o dito cadro de persoal conta cun informe favorable das consellerías dA Presidencia, Relacións Institucio

nais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Nestes momentos é urxente a necesidade de cubrir sete prazas de celador-gardapeiraos para dotar transitoriamente postos vacantes dentro do organigrama do ente público ata a súa cobertura en propiedade pola vía regulamentaria, sobre a base do artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Polo exposto, de conformidade coa Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, o Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público e a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e segundo a delegación conferida por acordo do Consello de Administración, do 23 de xullo de 1997, das competencias do artigo 21.3º da Lei 5/1994; resólvese convocar proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal, como persoal laboral interino do ente público Portos de Galicia, de acordo coas seguintes bases da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Autoriza-la selección e contratación do persoal laboral interino para a cobertura de 7 prazas de celador-gardapeiraos.

Segundo.-Aproba-lo gasto correspondente con cargo ó capítulo de persoal, ascendendo as retribucións do persoal contratado á dotación orzamentaria prevista regulamentariamente.

Terceiro.-O proceso de selección realizarase de acordo coas seguintes:

Bases da convocatoria

1. Xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 7 prazas de celador gardapeiraos.

1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, cos exercicios, probas, sistemas de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nestas bases.

1.3. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na de concurso, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

1.4. O aspirante ó que lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime laboral interino. A formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades de Portos de Galicia.

1.5. En cumprimento das previsións da Lei de normalización lingüística de Galicia, os aspirantes seleccionados que non acrediten, no momento da presentación da documentación necesaria para a súa contratación, a posesión de diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento en coñecemento da lingua galega, deberán realiza-los cursos que para tal feito sexan convocados e conten coa homologación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2. Requirimentos mínimos de admisión dos candidatos.

2.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

2.2. Ter cumpridos os dezaoito (18) anos de idade.

2.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de bacharelato superior, F.P. 2º grao ou equivalente, así como o carné de conducir B 1.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase de estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

2.4. Non padecer enfermidade e posuí-la capacidade funcional física e psíquica para o desempeño das tarefas e funcións correspondentes ás vacantes ás que se opta, para o que se presentará un certificado médico acreditativo en caso de resultar seleccionado.

2.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.6. Tódolos requisitos deberán cumprirse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de se incorporar a ocupa-la praza, unha vez asinado o contrato.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte no concurso-oposición deberá presentar solicitude, en instancia

axustada ó modelo que figura como anexo II desta resolución, achegando ademais:

-Fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non estean en posesión da nacionalidade española e teñan dereito a participar no proceso selectivo deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar ó cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-Xustificante emitido pola entidade bancaria que corresponda, de ter pagados os dereitos de exame, no prazo establecido para a presentación de instancias.

-Documentación acreditativa, se é o caso, dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia compulsada. Acreditarase a experiencia cun historial completo emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social máis un certificado de empresa, copia cotexada de nóminas ou dos contratos de traballo.

3.2. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para o acceso ó procedemento selectivo e mais o pagamento dos dereitos de exame. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumprir requisitos.

3.3. De conformidade co disposto na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán pagarse previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de 35,62 euros e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, empregando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III.

O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servicios centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de tódalas consellerías e nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

Código de consellería: 06, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; código de delegación: 13; código de servicio: 10; código de taxa: 300300.

3.4. A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do

aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame será devolto, tralos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

3.6. Portos de Galicia reserva para si a facultade de comproba-la veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

3.7. A presentación de solicitudes supón a aceptación incondicional das bases reguladoras da convocatoria.

3.8. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). As solicitudes, dirixidas ó presidente do ente público Portos de Galicia, presentaranse no rexistro xeral do ente público (praza de Europa, núm. 5 A, 6ºB, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, nos dez (10) días seguintes e por mandato do presidente de Portos de Galicia, expoñerase no taboleiro de anuncios dos servicios centrais deste ente público a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo; respecto destes últimos farase constar na dita lista a causa da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos poderán presenta-la documentación complementaria ante o presidente de Portos de Galicia no prazo de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

4.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ou ben por instancia do interesado.

4.4. Unha vez transcorrido o dito prazo, o presidente de Portos de Galicia dictará unha resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que se poderá interpoñer, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A dita resolución será exposta, para os efectos de publicidade, no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, xunto coa indicación do lugar e data no que comezarán as probas, ás que deberán asistir os candidatos provistos do seu DNI.

4.5. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta resolución. Cando da documentación que se debe presentar no caso de supera-lo procedemento selectivo se desprenda que os interesados non posúen algún dos requisitos decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Comisión de selección.

5.1. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

5.2. O presidente de Portos de Galicia designará os membros da comisión de selección, agás o representante dos traballadores que será nomeado por proposta dos delegados de persoal do ente público.

5.3. A comisión de selección estará composta por cinco membros coa seguinte distribución:

Presidente: o presidente do ente público ou persoa en quen delegue.

Secretario: un técnico do cadro de persoal de Portos de Galicia.

Vocais: dous técnicos, empregados do ente público.

Un representante dos traballadores, empregado do ente público.

5.4. Tódolos membros da comisión de selección actuarán con voz e voto.

5.5. Os membros da comisión de selección deberán absterse de formar parte dela cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e notificaranllo ó presidente da comisión. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da devandita Lei 30/1992.

O presidente da comisión poderá solicitarlles ós membros da mesma declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

5.6. A comisión de selección non poderá constituírse nin actuar se non están presentes o presidente e o secretario e, polo menos, dous dos seus vocais.

As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do presidente.

5.7. A comisión de selección queda facultada para resolve-las dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderá adopta-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases; axustándose na súa actuación ás previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.8. Funcións dos tribunais:

-Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

-Avalia-las probas e outorgárlle-la cualificación ós aspirantes, segundo as normas desta convocatoria.

-Formalizar, mediante actas, todo o proceso selectivo e mailo resultado final que será remitido ó presidente de Portos de Galicia mediante certificación do secretario da comisión da lista de aspirantes por orde de cualificación, da máis alta á máis baixa.

-No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida na primeira proba, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética resultante do sorteo resolto e publicado pola resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo).

5.9. Sede da comisión de selección:

Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na praza de Europa nº 5 A, 6ºB, 15707 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 52 07. Fax 981 54 72 16.

5.10. A comisión de selección que actúe nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

6. Oposición: desenvolvemento das probas.

6.1. Establécense tres tipos de probas, que se realizarán pola orde seguinte:

6.1.1. Proba teórica:

Consistirá na resposta polo sistema de preguntas curtas a un cuestionario sobre aspectos directamente relacionados coas funcións e obrigas das vacantes convocadas. O tempo máximo de duración será de dúas horas.

6.1.2. Proba práctica:

Consistirá na realización por escrito dun exercicio e para o que se lles comunicará no momento da convocatoria ós aspirantes o material e os medios que a xuízo da comisión sexan necesarios para a súa resolución, non podendo ser utilizado ningún outro material de consulta e axuda por parte dos aspirantes. O tempo máximo de duración desta proba será de dúas horas.

6.1.3. Entrevista persoal:

Valoraranse calidades como son a capacidade de relación e iniciativa, a integración en grupos de traballo e, en xeral, a aptitude do candidato para exerce-las súas responsabilidades dentro dunha organización complexa.

6.2. As probas teórica e práctica serán de carácter eliminatorio para aqueles aspirantes que non acaden, entre ámbalas dúas, a cualificación mínima de 15

puntos, avaliándose de 0 a 20 o exercicio teórico e de 0 a 10 o exercicio práctico. A entrevista persoal valorarase de 0 a 7 puntos.

6.3. As puntuacións expoñeranse no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia rematada a corrección da totalidade dos exercicios de cada proba.

6.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único sendo excluído quen non compareza. Os anuncios para a realización dos exercicios faraos públicos a comisión de selección na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación, como mínimo, ó do seu comezo.

6.5. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo da comisión de selección.

6.6. As probas realizaranse a porta pechada, sen outra asistencia que a dos aspirantes, a dos membros da comisión e a dos colaboradores designados por esta.

6.7. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos pola comisión de selección coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

7. Concurso: baremo de méritos.

7.1. A comisión de selección avaliará os méritos que, con motivo da súa experiencia laboral, acrediten os aspirantes que teñan superada a fase de oposición.

7.2. Experiencia acreditada, ata un máximo de 2 puntos:

-Nun posto de traballo no ente público Portos de Galicia, na categoría profesional de celador-gardapeiraos: 0,50 puntos por ano traballado ou fracción.

-Nun posto de traballo nas administracións públicas, en empresas ou sociedades públicas que xestionen portos marítimos, desempeñando os servicios de celador-gardapeiraos: 0,50 puntos por ano traballado ou fracción.

-Nun posto de traballo no ente público Portos de Galicia, na categoría profesional de peón especializado: 0,25 puntos por ano traballado ou fracción.

7.3. Coñecemento de idiomas, ata un máximo de 1 punto:

-Coñecemento do idioma galego: 0,50 puntos nivel de iniciación, 1 punto nivel de perfeccionamento.

7.4. Outros cursos, ata un máximo de 1 punto.

-Cursos realizados relacionados coas actividades propias do posto: ata 30 horas 0,25 puntos, superior a 30 horas 0,50 puntos.

7.5. Os méritos enumerados deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

7.6. A baremación desta fase de concurso será feita pública no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno, poderán presentar reclamación ante a propia comi

sión de selección no prazo de dez (10) días hábiles a partir da exposición da dita baremación.

7.7. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, a comisión de selección incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

8. Contratación laboral e período de proba.

8.1. Portos de Galicia, de acordo cos resultados do concurso-oposición e no suposto de haber aspirantes que superasen os mínimos esixibles establecidos nesta convocatoria, procederá á contratación con carácter laboral interino ata o número de vacantes fixadas no concurso-oposición, dentro do grupo de aspirantes que propoña a comisión de selección, a cal non poderá declarar que superaron as probas de selección un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

8.2. Para os efectos da súa contratación, e a requirimento de Portos de Galicia, os aspirantes seleccionados deberán presentar, no prazo de 15 días naturais, os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do título esixido ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título ou, de se-lo caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

-Fotocopia compulsada do carné de conducir esixido.

-Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.

-Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados no punto 2.4.

-Fotocopia compulsada do diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega.

8.3. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non acreditasen a documentación, ou do exame desta se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

8.4. Os aspirantes que obteñan unha praza deberán incorporarse no prazo máximo de 3 días desde a notificación, salvo casos de forza maior debidamente xustificados; de non efectuarse, entenderase como renuncia tácita ó seu posto de traballo.

8.5. Tódalas contratacións para ocupar vacantes do cadro de persoal interino estarán sometidas a un tempo de proba de dous meses.

8.6. O desempeño de calquera posto de traballo en Portos de Galicia estará sometido ás incompatibilidades previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

9. Recursos.

Esta convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de acordo coa Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e no seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, así como a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRXAP-PAC).

Así mesmo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra os actos da comisión de selección ante o presidente do ente público Portos de Galicia nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da devandita Lei 30/1992, do RXAP-PAC.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Emilio García Galego

Presidente do ente público Portos de Galicia

ANEXO I

Temario para a categoría de celadores-gardapeiraos que rexerá nas probas selectivas para o ingreso no ente público Portos de Galicia.

1. Dereito constitucional.

-A Constitución española. Estructura e principios xerais.

-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

-Organización territorial do Estado.

2. Dereito procesual. Conceptos xerais. Partes do proceso. Demandas e denuncias.

3. Dereito autonómico.

-O Estatuto de autonomía de Galicia.

-Lei de creación do ente público Portos de Galicia.

-Regulamento do ente público.

4. Dereito administrativo.

-Decreto de tarifas.

-Aplicación da normativa sancionadora.

O Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

-Fundamentos básicos da Lei de portos e mariña mercante: competencias, xestión do dominio público portuario, tipos de infraccións e sancións.

-Fundamentos básicos da Lei 62/1988, de costas. Bens de dominio público marítimo-terrestre, as servidumes legais, utilización do dominio público (autorizacións e concesións).

-O procedemento administrativo comun. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro): idea xeral sobre iniciación, ordenación, instrucción e terminación do procedemento administrativo.

Os recursos administrativos.

-Conceptos básicos sobre a responsabilidade patrimonial.

-Normativa básica de pesca.

5. Regulamento de servicio, vixilancia e policía do porto. Funcións dos celadores-gardapeiraos. Responsabilidades e obrigas.

6. Relacións cos usuarios.

-A prestación dos servicios portuarios.

-A actitude como factor clave para prestar un servicio de calidade.

-Comunicación e relacións interpersonais na atención ó cliente.

-A satisfacción e atención do cliente.

7. Atestados.

-O atestado.

-Atestado instruído por accidentes de circulación con só danos materiais.

-Atestados por accidentes de circulación con víctimas.

-Atestado por suposto delicto contra a seguridade do tráfico.

8. Seguridade e saúde no traballo.

-Técnicas de seguridade.

-Pautas de comportamento ante situacións límite.

-Productos tóxicos.

-Almacenamento e mercadorías perigosas.

-Protección e mellora do medio ambiente.

-Seguridade vial: normativa específica en portos.

-Nocións básicas de electricidade.

9. Primeiros auxilios.

-Técnicas de resucitación: respiración artificial. Obstrucción das vías respiratorias.

-Traumatismos. Traumatismos de urxencia. Fracturas. Torceduras e luxacións.

-Feridas e queimaduras.

10. Incendios. Extintores. Lume.

-Conceptos xerais.

-Comportamento diante do lume.

-Medidas de prevención e extinción.

-Utilización de extintores.