Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.497

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por acordo do Pleno do Concello de Monforte de Lemos, con data do 29 de xuño de 2002, aprobouse

a modificación do seu cadro de persoal no sentido de crear un posto de colaboración denominado vicesecretario, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, ó amparo do establecido no artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Por isto, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 241 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e da Orde do 29 de maio de 2002, sobre delegación de competencias no director xeral de administración local, esta dirección

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de colaboración de vicesecretario do Concello de Monforte de Lemos, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional conforme se especifica:

Denominación: vicesecretario.

Clase: segunda.

Subescala: Intervención-Tesourería.

Categoría: entrada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 10.1º b) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais