Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.497

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición da comisión dictaminadora do concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional para cubriren prazas da especialidade de economía.

A base décima da Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG do 28 de outubro), pola que se determina a composición da comisión dictaminadora do concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional para cubriren prazas da especialidade de economía determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-A comisión avaliadora estará composta por:

Presidente: Jesús Álvarez Marcote.

Vocais: Mª Jesús Castro Rivas.

José Ramón Gutiérrez Fernández.

Ramona Barrio Rodríguez.

Ramón Urrutia Vilar.

Segundo.-Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións nela.

Terceiro.-Os membros das comisións terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal