Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-430).

Por resolución desta Alcaldía nº 4.581/2002, do 17 de setembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle do polígono I da UE nº 14, en Perillo, tramitado por Larcoruña, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 9 de outubro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta