Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da vía SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas xerais SG-V2 e SG-V4 de conexión coa estrada C-533 e coa rúa do Rodo en Lalín, redactado polo enxeñeiro de camiños, Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 8 de novembro de 2002.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado