Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO de concurso de contratación por tramitación urxente e por procedemento aberto da seguinte subministración.

Obxecto: subministración de sinalización rústica.

Tipo de licitación: 31.144,16 euros.

Aplicación orzamentaria: 432.601.09.

Garantías.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: poderanse presentar no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas, en sobres cerrados, coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións, no prazo de oito días contados a partir do día seguinte ó da data da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar na secretaría do concello, ás 10 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación: o prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello, en horario de 9 a 13 horas.

Padrón, 22 de outubro de 2002.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde