Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de denegación de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM 343G 2001/30-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

Expediente de procedemento: FM 343G 2001/30-5.

Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Servicio Auxiliar de Prevención e Construcción Naval, S.L.

Enderezo: Hermanos Sarabia, 4-ent., oficina 10, Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 27 de xuño de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-2001.

Resolución:

«Examinado o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, presentado por José Manuel Veiga Vidal, en nome e representación de Servicio Auxiliar de Prevención y Construcción Naval, S.L. (no seu propio nome), e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 22-6-2001.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación incluída no expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolver esta solicitude corresponde, por delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de abril), pola que se establece o programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora está motivado polas razóns seguintes:

O plan non está incluído no ámbito de aplicación das axudas, delimitado nos artigos 2 e 5, debido a que coa súa execución diminúe a media de traballadores do cadro de persoal da empresa en Galicia no ano 2000, e resulta unha taxa de estabilidade inferior ó 35%.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Non lle conceder a Servicio Auxiliar de Prevención y Construcción Naval, S.L. os incentivos solicitados con orixe no plan de incremento da estabilidade laboral presentado, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de xuño de 2002. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de outubro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra