De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que re regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
A Coruña, 11 de outubro de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Expediente sancionador: Secretaría 120/2002.
Denunciado: Carlos Canedo Ríos.
DNI/CIF: 76335072.
Último enderezo coñecido: Violetas, bloque 35, barrio das Flores, A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.
CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,
MULLER E XUVENTUDE