Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador incoado por infracción en materia de sanidade vexetal, devolto polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido practicar. (Expediente SV-PO-1/2002-PRAG).

Por medio desta resolución notifícaselle ó denunciado, cos datos e último domicilio coñecido que se

sinalan no anexo, a resolución sancionadora do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria no expediente sancionador SV-PO-1/2002-PRAG.

Fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñe-lo recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

No caso de conformidade coa resolución, deberá facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar conforme se sinala no anexo, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza da resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñe-lo recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Asino esta resolución o 29 de outubro de 2002.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SV-PO-1/2002-PRAG.

Interesado: Agricomar, S.L.

Domicilio: r/ Gabino Bugallal 40, Ponteareas. Pontevedra.

Feito denunciado: comercialización de productos fitosanitarios da clase nocivos e irritantes, e non presentación do documento que certifica a inscrición do establecemento no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas.

Precepto impugnado: artigo 45 do Real decreto 3349/1983, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento técnico sanitario para a fabricación, comercialización e uso de praguicidas.

Precepto da sanción: artigo 4.2º.11 do Real decreto 1945/1983, do 23 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción imposta: 1.502,53 A.

Ingreso: mediante modelo do impreso de pagamento de multas e sancións, código 390030, pode facer efectivo o importe da sanción en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX.