Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 212/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

A Coruña, 19 de setembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: Secretaría 212/2002.

Denunciado: Wellness Factory.

DNI/CIF: B-15783780.

Último enderezo coñecido: Alfredo Vicenti, 37 B, A Coruña.

Cualificación da infracción: moi grave.

Importe da sanción: vintecatro mil noventa e seis euros.