Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-459).

Por resolución desta Alcaldía 5169/2002, do 23 de outubro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na UE nº 11, en Perillo, así como aproba-la modificación do sistema de actuación previsto no artigo 15 do PXOM, que establece preferentemente o de compensación polo de cooperación.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes o estudio de detalle e de vinte días a modificación do sistema de actuación, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 29 de outubro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta