Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2002, aprobou a contratación, por concurso aberto e por vía de urxencia, para a redacción do proxecto básico e de execución das obras que se deriven deste proxecto, consistentes en remodelación do parque infantil Trapero Pardo, de Mondoñedo, pola contía de 79.917 euros (IVE incluído).

Presentación de proposicións: secretaría do concello (praza do Concello nº 1), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Clasificación do contratista: grupo C; subgrupos 1, 2, 4, 5, 6 e 8; categoría b.

Apertura de proposicións: na casa do concello ás 13 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de ser sábado, realizarase o luns posterior.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderanse examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 5 de novembro de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde