Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación do APOD 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Con data do 25 de outubro de 2002, a Comisión de Goberno adoptou o seguinte acordo:

«Aprobación definitiva de estatutos e bases de actuación APOD 10 do PXOM.-A Comisión de Goberno, na sesión do 19 de xuño de 2002, acordou a aprobación inicial dos estatutos e bases de actuación da APOD 10 do PXOM. Dando cumprimento ó disposto no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, procedeuse á apertura á apertura dun período de información pública con publicación dos correspondentes anuncios no taboleiro de edictos do concello, BOP número 207, do 9 de setembro de 2002, e Diario Oficial de Galicia número 179, do 17-9-2002, así como notificación individualizada ós interesados, sen que se formulasen alegacións:

De conformidade coas competencias conferidas polo artigo 21.1º j) da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local, e que a Alcaldía delegou na Comisión de Goberno, acórdase por unanimidade:

1. Aprobar definitivamente e sen modificacións os estatutos e as bases de actuación da APOD 10 do PXOM, publicados no BOP número 207, do 9 de setembro de 2002.

2. Ordena-la citación persoal do expediente ós que aparezan como interesados en calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes, contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a sociedade xestora ou ante este concello, coa advertencia de que, no suposo de non incorporarse á xunta de compensación, os terreos correspondentes poderán ser obxecto de expropiación ou ocupación directa, ó abeiro do que dispón o artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o artigo 162.5º

do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística.

3. Publica-los correspondentes anuncios no taboleiro de edictos do concello, BOP e no DOG, así como notificarlles individualizadamente ós interesados no expediente estes acordos, producindo as publicacións os efectos previstos no artigo 49.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non se lles poida practica-la notificación individualizadamente.

4. Advertirlle á comisión xestora, que unha vez vencido o prazo dun mes a que se refire o punto segundo precedente, e logo da declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitucións da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispón dun prazo de tres meses, contados desde a declaración de firmeza.

5. Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Deogracias Romeu López e, en substitución deste, a Jesús Veiga Sabín.

Os gastos de publicación dos anuncios correspondentes á este expediente serán por conta da entidade promotora».

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interporse un recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación, perante a Comisión de Goberno do Concello de Miño, ou ben poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición dun recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

No suposto de que se interpoña un recurso administrativo de reposición, non poderá interporse un recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto.

En tal caso, o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición, ou a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado.

No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición polo transcurso do prazo máximo dun mes desde a súa interposición sen que se resolvese nin se notificase, o prazo para interpor recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderá interporse calquera outro que se considere pertinente.

Miño, 8 de novembro de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde