Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002, do Consello Municipal de Deportes, mediante a que se anuncia concurso urxente, de proxecto e obra, para a contratación da redacción do proxecto e a súa conseguinte execución da obra de deshumectación da piscina cuberta no Pavillón dos Remedios.

1. Entidade adxudicadora: Consello Municipal de Deportes.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso para a contratación da redacción do proxecto e a súa conseguinte execución da obra de deshumectación da piscina cuberta do Pavillón dos Remedios.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo, e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 2 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. 233.658,31 A (douscentos trinta e tres mil seiscentos cincuenta e oito euros con trinta e un céntimos).

5. Fianzas:

5.1. Defintiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: oficinas do Pavillón Municipal de Deportes.

6.2. Enderezo: r/ Pardo Cela nº 2.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32002.

6.4. Teléfono: 988 37 05 39.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista:

Grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría f).

Grupo K, subgrupo 5, categoría d).

Grupo I, subgrupo 1, categoría d).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel

no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 10 ás 13 horas e das 17 ás 20 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: oficinas do Pavillón de Deportes.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Consello Municipal de Deportes.

9.2. Enderezo: r/ Pardo Cela, 2.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 7 de outubro de 2002.

Jorge Gómez Barril

Presidente