Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 7-10-2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación Centro-Sur número 1 (avenida das Fontiñas, carril das Flores e carril de Caiñós) do PXOU vixente, promovido por Jesús Pernas Carreiras, na súa calidade de presidente da xunta de compensación da devandita unidade de actuación.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 15 de outubro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área