Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 25 de outubro de 2002, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector R-D Residencial Deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova, do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Segundo.-Sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito período, quedará o expediente na secretaría do concello á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo e formula-las alegacións pertinentes.

Miño, 8 de novembro de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde