Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO relativo á aprobación definitiva do Plan especial da vía leste, tramo 1 (SG-V2) e tramo 2 (SG-V3), e do sistema xeral de equipamento (SG-EQ) e dotacións para implantación de centro escolar en Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2002, aprobou definitivamente o Plan especial da vía leste, tramo 1 (SG-V2) e tramo 2 (SG-V3), e do sistema xeral de equipamento (SG-EQ) e dotacións para implantación de centro escolar en Lalín.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lalín, 4 de novembro de 2002.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado