Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 referente á convocatoria para prover dúas prazas de gardas da policía local.

No BOP de Pontevedra nº 200, do 17 de outubro de 2002, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover dúas prazas de gardas da policía local (Administración especial), dentro do cadro de persoal desta corporación, para cubrir polo sistema de oposición libre.

Advertido erro nas bases citadas, especifícase que o nivel de complemento de destino é o 12 e non o 14 como figuraba nas ditas bases.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Baiona, 22 de outubro de 2002.

Benigno Rodríguez Quintas

Alcalde