Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente nº 43/2002.

Obxecto: filtro óptico Fabry-Perot sintonizable con controlador e empalmador de fibra óptica.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 31.000 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente nº 44/2002.

Obxecto: oscilador óptico paramétrico.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 106.700 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente nº 48/2002.

Obxecto: acondicionamento acústico de cámara semianecoica.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 225.000 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 2 meses.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: -. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: son os importes arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías: provisionais: segundo o indicado nos pregos de cláusulas administrativas. Definitivas: 4% dos importes adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto, nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 18 de novembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo