Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/396-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.

Domicilio social: Balneario, nº 1, 36670 Cuntis.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Laxos e O Pazo.

Situación: concello de Cuntis.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 400 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente no cuartel ata o C.T. que se proxecta en Laxos-O Pazo, no concello de Cuntis, de 100 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 1.540 m de lonxitude, con conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de outubro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra