Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se corrixen erros no do 4 de setembro de 2002, polo que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/265-4).

Advertido erro no citado acordo, publicado no DOG nº 188, do luns 30 de setembro de 2002, páxina 14.235, e que corresponde á instalación de:

Título: L.A.T. a 132 kV de subestación Farelo a subestación Faro, nos concellos de Agolada e Rodeiro, da provincia de Pontevedra, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

No título, a continuación de «petición de autorización e declaración de utilidade pública, en concreto», debe engadirse «e o estudio de impacto ambiental».

No parágrafo primeiro, a continuación do «R.D. 1955/2000», debe engadirse «e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental». No mesmo parágrafo, a continuación de «aprobación do proxecto de execución», debe engadirse «e o estudio de impacto ambiental».

Antes do último parágrafo, hai que engadi-lo seguinte:

«Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da liña poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra, concellos de Agolada e Rodeiro, e na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, podendo presentarse ante ela, na rúa Eduardo Pondal nº 64, 36003 Pontevedra, cantas alegacións se consideren, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental».

Polo que se inicia un novo período de información pública de trinta días hábiles.

Pontevedra, 18 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra