Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/392-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. urbanización Os Rosais-Rebordáns-Pazos de Reis.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde un apoio, a colocar, C-3.000/18 da L.M.T. existente Anxo-Rebordáns, ata o C.T. que se proxecta na urbanización Os Rosais, en Rebordáns-Pazos de Reis, no concello de Tui, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 665 m de lonxitude, con conductor R.V., desde o C.T. que se proxecta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra