Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 20 de novembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo de persoal laboral fixo, para o acceso á categoría 61 (oficial de laboratorio) do grupo III convocado por Orde do 30 de xullo de 2001, polo que se fan públicas as puntuacións da fase de concurso.

O tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 61 (oficial de laboratorio) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 19 de novembro de 2002,

ACORDO:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso, que serán publicadas nos

servicios de información e atención ó cidadán da Xunta de Galicia.

Segundo.-Os aspirantes que non estean de acordo coa puntuación provisional outorgada, poderán formu-las alegacións que consideren pertinentes, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, mediante comunicación a este tribunal, dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

As alegacións relativas á experiencia profesional deberán ir acompañadas de copia cotexada do/s contrato/s orixinario/s e de informe de vida laboral, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, así como de calquera outra documentación que teñan por conveniente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal