Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 18 de novembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a, limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso.

Na sesión mantida o día 18 de novembro de 2002, o tribunal V-A designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a, limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), acordou:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso, que serán publicadas nos servicios de información e atención ó cidadán da Xunta de Galicia.

Segundo.-Os aspirantes que non estean de acordo coa puntuación provisional outorgada, poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, mediante comunicación a este tribunal, dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería

da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

As alegacións relativas á experiencia profesional deberán ir xunto co informe da vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e da copia cotexada dos contratos orixinarios ou calquera outra documentación que teñan por conveniente.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Mª del Camino Triguero Salas

Presidenta do tribunal V-A