Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.380

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 216, do 8 de novembro de 2002, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na relación definitiva de aspirantes excluídos que figura no anexo da dita resolución, deberá suprimirse e pasará a integrarse na relación definitiva de aspirantes admitidos pola quenda de acceso libre «Carrera Rodríguez, Fernando, DNI 36048798-R».