Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña, correspondentes ó programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, convocadas nos anexos I e II da Orde do 20 de setembro de 2002.

A orde conxunta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 20 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro), aprobaba as bases para a con

vocatoria de bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña (anexo I) e de bolsas dedicadas ó remate de teses de doutoramento en temas de investigación mariña (anexo II) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Nas bases sete e sexta dos anexos I e II, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que serán designados pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña segundo os campos ás persoas que se relaciona no anexo I da presente resolución.

Segundo.-Concedérlle-las bolsas dedicadas ó remate de teses de doutoramento en temas de investigación mariña ás persoas que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas a que se refiere o anexo I desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederán, se é o caso, a adxudicarlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo III da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de setembro de 2002 (DOG do 27 de setembro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso perante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimaren a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencionso-administrativo ante a sala de Contencionso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Diposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

Rosa Mª Quintana CarballoMiguel Ángel Ríos Fernández

Directora xeral de InnovaciónSecretario Xeral de Investigación

e Desenvolvemento Pesqueiroe Desenvolvemento

ANEXO I

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Adxudicatarios:

-Patoloxía e immunoloxía de moluscos bivalvos,

-José Manuel Rodríguez Rodríguez (DNI 76727198-A).

-Depuración de ficotoxinas en moluscos bivalvos,

-Mª Isabel Suárez Otero ( DNI 44079360-K).

-Cultivo de longueirón vello (Solem marginatus),

-Fiz da Costa González ( DNI 36143674-W).

ANEXO II

Bolsas dedicadas ó remate de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Adxudicatarios:

-Álvarez Ballesteros, Marta (DNI 36138608-L).

-Costas Gándara, Roberto Carlos (DNI 36116403-D).

-Iglesias Estepa, David (DNI 33296106-H).

-Iniesta Soto, Rafael Fernado (DNI 36136878-Z).

-Macho Rivero, Gonzalo (DNI 36133015- S).

ANEXO III

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Suplentes:

-Comesaña Lestayo, Mª del Pilar (DNI 36156242-N).

-García Muñoz, Amaya (DNI 36150062-L).

-Diéguez Rojo, Eva (DNI 32834725-V).

-Meis Durán, Francisco (DNI 76867261-L).

-Sieiro Piñeiro, Mª del Pilar (DNI 44461999-D).

-Ureta Guzmán, Rosa (DNI 44077170-Q).