Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 319/2002, do 7 de novembro, polo que se aceptan as doazóns de obras de arte feitas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, para a colección permanente do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Con data 4 de outubro de 2002, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, remitiu á Consellería de Economía e Facenda os expedientes de doazón de obras de arte propiedade de Alberto Carneiro, Pamen Pereira e Thais de Picaza Megías.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou os expedientes de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que Alberto Carneiro, Pamen Pereira e Thais de Picaza Megías acordaron a doazón, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-las seguintes doazóns de obras de arte que a seguir se relacionan:

1. Doador: Alberto Carneiro.

Autor: Alberto Carneiro.

Título: A floresta.

Ano: 1978.

Técnicas: fotografía sobre papel impreso.

Medidas: 24 follas de 62x12 cm C/U.

2. Doador: Pamen Pereira.

Autor: Pamen Pereira.

Título: Gabinete de traballo.

Ano: 1998.

Técnica: madeira, graxa, alfombra.

Medidas: 78x100x70 cm.

3. Doador: Thais de Picaza Megías.

Autor: Alberto Datas.

Título: sen título (da serie Ropas).

Ano: 1972.

Técnica: óleo sobre tea.

Medidas: 200x150 cm.

Artigo 2º

Os bens doados integraranse na colección permanente do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, sete de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda