Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.361

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002 pola que se adxudica a axuda para a realización dun proxecto de investigación sobre desenvolvemento dun sistema de adquisición e transmisión automatizado de parámetros oceanográficos en tempo real, convocado pola Orde do 31 de xullo de 2002.

A Orde do 31 de xullo do 2002 (DOG do 20 de agosto) aprobou as bases que rexerán a concesión

dun proxecto de investigación sobre desenvolvemento dun sistema de adquisición e transmisión automatizado de parámetros oceanográficos en tempo real.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola comisión de selección prevista no artigo 3 da dita orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle a axuda para a realización do proxecto de desenvolvemento dun sistema de adquisición e transmisión automatizado de parámetros oceanográficos en tempo real, código PGIDIT02RMAAE2, ó equipo que se indica:

Investigador responsable: Carlos Hernández Sande.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Anualidade 2002: 36.000 A.

Anualidade 2003: 24.000 A.

Segundo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano nun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 31-7-2002, DOG do 20 de agosto)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento