Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: a contratación polo Concello de Santiago de Compostela, como tomador, dunha póliza de seguro que cubra os riscos derivados do uso de vehículos de motor, integrantes do parque móbil do concello.

Tipo de licitación: o tipo máximo de licitación, como importe máximo da prima, establécese en 92.000 euros, IVE incluído.

Efecto do seguro: desde as 00.00 horas do 1 de xaneiro de 2003 e con carácter anual, prorrogable por mutuo acordo, por igual ou inferior período de tempo con dous meses de antelación á súa finalización.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría), ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde