Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: redacción do proxecto de renovación da rede de auga potable do polígono de Sabón-Arteixo (Pisa).

Orzamento: 42.000 euros (IVE incluído), (incluído o estudio de seguridade e saúde).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantías: atendendo á natureza do contrato os licitadores quedan dispensados da constitución de garantías.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación dentro do prazo dos 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña