Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica consistente na redacción do proxecto e dirección facultativa superior das obras de reurbanización da zona afecta á reurbanización pola construcción do aparcadeiro subterráneo da praza Roxa.

Tipo de licitación: 89.935,45 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: os traballos desenvolveranse en dúas fases; unha primeira denominada de avance, nun prazo máximo de dous meses, e unha segunda fase denominada de definición, nun prazo máximo dun mes.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 1.798,71 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo

día hábil, non sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde