Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de noviembre de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras incluídas no proxecto de itinerario Verde-Sector Noroeste, redactado pola empresa Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, S.L.

Tipo de licitación: 114.871,22 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 8 semanas contadas a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación (2.297,42 euros).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde