Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (65/2002.INT).

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8-10-2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de integración para definición de volumes, aliñacións e rasantes de 6 naves industriais sitas na estrada AC-410, camiño A Coruña a Baños de Arteixo, pto. quilométrico 7.5, promovido por Lourdes Rey Lago e Manuel Figueiras Vitureira (expediente 65/2002.INT), cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento de que se ignore o lugar de notificación dalgún ou de que intentada a mesma, non se tivese podido practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 21 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde