Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados polo procedemento de concurso aberto os seguintes contratos:
1. Título: obra de rehabilitación de vivendas do poboado de Fontao, Vila de Cruces. Pontevedra. Expediente: PO-2001/NR 01.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 9-9-2002.
Adxudicatario: Construcciones Gómez Bodaño, S.A.
Importe: 4.092.263,55 A (IVE incluído).
2. Título: dirección da obra de rehabilitación do novo poboado de Fontao, Vila de Cruces. Pontevedra. Expediente: PO-2001/NR 01.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 24-9-2002.
Adxudicatario: Idom, S.A.
Importe: 50.735 A (IVE incluído).
3. Título: dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da obra de rehabilitación do novo poboado de Fontao, Vila de Cruces. Pontevedra. Expediente: PO-2001/NR 01.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 24-9-2002.
Adxudicatario: UTE: Encinas y Pereiro, S.L./G3 Fernández Pena Gestión Técnica de Obra, S.L.
Importe: 61.000 A (IVE incluído).
4. Título: obra de construcción de 8 vivendas unifamiliares en Reigosa, A Pastoriza. Lugo. Expediente: LU-2001/010.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 21-10-2002.
Adxudicatario: Construcciones Vila-Río Miño, S.L.
Importe: 437.396,03 A (IVE incluído).
5. Título: obra de construcción de 10 vivendas, garaxes e rochos en Bretaña. Lugo. Expediente: LU-2001/030.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 21-10-2002.
Adxudicatario: Construcciones Vila-Río Miño, S.L.
Importe: 692.465,74 A (IVE incluído).
6. Título: obra de substitución de cubertas no grupo de 40 VPP en Lavadores, Vigo. Pontevedra. Expediente: PO-2001/REP 06.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 21-10-2002.
Adxudicatario: Construcciones Mesejo, S.L.
Importe: 87.000 A (IVE incluído).
7. Título: obras de reparación de fachadas no bloque 31 UVA 6 do polígono de Caranza, Ferrol. A Coruña. Expediente: C-2001/REP 05.
Sistema da adxudicación: concurso aberto.
Data da resolución da adxudicación: 23-10-2002.
Adxudicatario: Teimper, S.A.
Importe: 154.101,12 A (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.
P.D.(Resolución 6-4-1995)
José A. Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo