Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación para adxudica-la impartición do curso superior de xestión e disciplina urbanística da Escola Galega de Administración Pública.

Por resolución do director da EGAP do día 2 de setembro de 2002, aprobouse promover expediente para a contratación, polo procedemento de concurso aberto, dun servicio de consultoría e asistencia técnica para a elaboración e impartición do curso superior de xestión e disciplina urbanística da EGAP. De acordo coa normativa vixente faise pública a correspondente licitación, segundo o seguinte resumo:

1. Obxecto.

Elaboración do contido do programa, impartición das correspondentes clases, subministración do respectivo material didáctico e outros, referentes a un curso superior de xestión e disciplina urbanística da EGAP, que terá unha duración de 140 horas lectivas.

2. Tipo de licitación.

Setenta e seis mil euros (impostos incluídos e calquera outro gasto), á baixa.

3. Aplicación orzamentaria.

A eficacia desta licitación queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 04.50122A.226.17 do orzamento de gastos da EGAP

para o ano 2003, e o expediente económico que se tramita faise de acordo co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

4. Prazo de execución do contrato.

Dez meses, a partir do día do comezo do curso, data que será determinada pola EGAP.

5. Garantías.

A fianza provisional será de mil cincocentos vinte euros e a definitiva equivalerá ó 4% do importe da adxudicación.

6. Prazo e lugar de presentación de proposicións.

As proposicións, en modelo oficial, presentaranse, en horas de oficina da Xunta de Galicia, en dous sobres pechados, que poderán estar lacrados, no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Os aludidos sobres deberán reuni-los requisitos establecidos na cláusula 6.1 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

O prazo para a presentación da devandita documentación será ata ás 14 h do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día deste prazo fose sábado ou inhábil, este prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustificar na oficina de correos a data de imposición e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 63 37), de conformidade co artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

En cada un dos dous sobres figurará o nome e apelidos do licitador, ou razón social da empresa, o seu enderezo, número de teléfono e o obxecto do contrato.

7. Documentación que terán que presenta-los licitadores.

A que vén determinada na cláusula 6.2 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares e nos seus anexos «Modelo de proposición económica» e «Folla de especificacións».

8. Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar na sala de xuntas da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) ás 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas, agás que aquel día sexa sábado ou festivo, o que, de ser así, se prorrogará automaticamente o día hábil seguinte.

9. Exame do expediente.

Na Xefatura de Estudios da EGAP, no mesmo enderezo indicado anteriormente, de 9 a 14 horas, de luns a vernes, en días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións.

10. Anuncio.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública