Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por Resolución do Pleno, do 25 de outubro de 2002, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas que rexerán na concesión, polo procedemento aberto, do uso privativo da vía pública mediante a instalación de quiosco, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións e sinálase o prazo de presentación de proposicións para tomar parte nel.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: alcalde.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión do uso privativo da vía pública mediante a instalación de quiosco.

Duració da concesión: 15 anos improrrogables (base 5 do prego).

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon: 500 euros anuais.

Criterios de selección para a adxudicación: base 2 do prego.

5. Garantías.

Provisional: 2% da valoración do dominio público que se deberá ocupar e do orzamento da construcción do quiosco.

Definitiva: 4% da valoración do dominio público que se deberá ocupar e do orzamento da construcción do quiosco.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do concello.

Domicilio: Praza do Reló.

Data límite para solicitar presentación: 26 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no BOP.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 14 do prego.

Documentación: cláusula 14 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

8. Apertura ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda; Praza do Reló (A Guarda).

Data e hora: 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do concesionario.

A Guarda, 5 de novembro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde