Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.330

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (523/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 523/2002 seguidos por instancia de Manuel Ares Valle contra a empresa Gesvaria, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 25-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Manuel Ares Valle, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Gesvaria, S.L., a que á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 826,44 euros, así como aboar en concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 3.926,63 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 523-2002 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os

cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírtese á parte demandada que se fai uso do tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obridada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gesvaria, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 25 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado