Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.330

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (155/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 155/2002 seguidos por instancia de María Luisa Muñumer Ugidos contra Tesalt, S.L. e outras sobre salarios, nos que recaeu 25-10-2002 en data sentencia que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por María Luisa Muñumer Ugidos, contra as empresas, Telsar, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., Insistel, Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Astursat, Astur Servicios Auxiliares de Telefonía, S.L., condeno a estas solidariamente a aboárlle-la cantidade de 4.611,01 euros, que lle deben en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo

previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 155-2002 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia de que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Telsar, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., Insistel, Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Astursat, Astur Servicios Auxiliares de Telefonía, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 25 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado