Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.329

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (407/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 407/2002 seguidos por instancia de Juan Tomé Vázquez contra INSS e outros sobre invalidez permanente, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parése, dictou sentencia, na data do 21 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, desestimando a pretensión da demanda presentada por Juan Tomé Vázquez, debo absolver e absolvo a entidade demandada Instituto Nacional

da Seguridade Social (INSS), ISM, TGSS, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Pesquera Mariñán, S.A. das pretensións da parte demandante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBVA, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Pesquera Mariñán, S.A. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Primo Rivera 4-1º, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado