Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.331

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (729/2001).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 729/2001, por instancia de Manuel Codesido Vázquez, contra José María Manteiga (Construcciones Manteiga), sobre cantidade. O acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 25 de novembro de 2002, ás 9.30 horas. Cítase en única convocatoria a empresa José María Manteiga (Construcciones Manteiga), que tivo o seu domicilio en Ortoño, concello de Ames, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese esta para que achegue os contratos de traballo e as prórrogas se as houber, os documentos de alta e baixa na Seguridade Social, así como os recibos de salarios correspondentes á demandante e, igualmente, os boletíns de cotización á Seguridade Social e o libro de matrícula da empresa. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa José María Manteiga (Construcciones Manteiga) e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado