Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario convocados por ordes do 11 e 16 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro), quenda especial e quenda das prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

En cumprimento do sinalado na base común 5 das ordes do 11 e 16 de xullo de 2002 (DOG do 2 de setembro), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda especial e quenda das prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-lo tribunal que xulgará os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo

de profesores de ensino secundario convocados por ordes do 11 e 16 de xullo de 2002 (DOG do 2 de setembro) no anexo a esta resolución.

Segundo.-A localidade de actuación do citado tribunal farase pública na resolución desta dirección xeral, na que o tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación e proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibi-las axudas de custo e os gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e deben entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Tribunal titular:

Presidente: Pedro Gómez Álvarez.

Vocais:

María Porto Vázquez.

María Eudoxia Sáez López.

María Esther Martínez Quintas.

Jesús Jorge Campos.

Tribunal suplente:

Presidenta: Olimpia Fernández Lamelas.

Vocais:

Clara Rosa Álvarez Fernández.

Daniel Núñez Segade.

Mario Germán Rodríguez Mosquera.

José María Blanco Álvarez.