Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.329

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 14 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto polo anuncio do 15 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de acordeón, fagot, guitarra, fundamentos de composición, historia da música, percusión e violonchelo.

Rematado o prazo para presenta-la instancia-solicitude e realizada a baremación dos méritos, procede a publicación das puntuacións provisionais no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das delegacións provinciais e na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións

provinciais e na páxina web desta consellería as puntuacións provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de acordeón, fagot, guitarra, fundamentos de composición, historia da música, percusión e violonchelo.

Segundo.-Contra estas puntuacións provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA