Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) de persoal laboral da Xunta de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 224, do 20 de novembro, publicouse a Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na mencionada publicación, cómpre efectua-la seguinte corrección:

No anexo da resolución, na páxina 16.193, débese engadir:

«Nº orde: 12.

Código do posto: AS.C99.40.201.36440.015.

Denominación: titulado superior médico.

Centro de destino: Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos (Redondela).

Complemento específico: 3.752.

Grupo: I.

Categoría: 2».