Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica do Sergas en Ourense, por Orde do 10 de xuño de 2002 (DOG nº 124, do 28 de xuño de 2002), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei
3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Número de rexistro: 3310579746A2071.
Apelidos e nome: Balboa Durán, Julio Francisco.
Posto de traballo: letrado.
Código do posto: SA.S99.10.002.32001.002.
Centro directivo: Asesoría Xurídica do Sergas.
Localidade: Ourense.
Grupo: A (escala de letrados).
Corpo ou escala: xeral.
Nivel: 28.