Na Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Fútbol Sala, celebrada na Coruña o día 3 de xullo do ano 2002, acordouse a modificación
dos artigos 18 e 63 dos seus estatutos, que quedan redactados da seguinte forma:
Artigo 18º
A asemblea xeral estará integrada por 60 membros e a representación dos catro estamentos sinalados anteriormente responderá ás seguintes proporcións:
Clubs deportivos: 70%, correspondendo 42 membros.
Deportistas: 20%, correspondendo 12 membros.
Adestradores: 5%, correspondendo 3 membros.
Xuíces: 5%, correspondendo 3 membros.
Artigo 63º
Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.
A comisión delegada estará composta por 9 membros.
A Coruña, 3 de xullo de 2002.
Juan Ángel Probaos Barral
Secretario xeral da Federación Galega
de Fútbol Sala