Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.303

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

PROBAS de selección de persoal non sanitario.

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, a Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal non sanitario, co fin de proceder á cobertura da praza que máis abaixo se cita.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección para a cobertura do seguinte posto de traballo: unha praza de responsable de administración (ref. Radmon), segundo as seguintes bases:

-Titulación.

Licenciatura ou diplomatura universitaria en ciencias económicas ou empresariais.

-Experiencia e formación.

Valorarase formación en administración e xestión de empresas públicas, e experiencia en dirección

e xestión empresarial, especialmente en entidades públicas hospitalarias.

-Tipo de contrato.

A contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Estatuto dos traballadores para o contrato indefinido.

-Procedemento de selección.

Artellarase a través dunha proba eliminatoria sobre a especialidade profesional correspondente e posterior entrevista persoal con valoración de méritos relativos a formación e experiencia. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

-Puntuación final e aspirante seleccionado.

Coa suma das puntuacións outorgadas confeccionarase a lista final por orde de puntuación acadada por cada aspirante, resultando seleccionado o aspirante de máxima puntuación.

Se se considerase que os candidatos non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Igualmente, se se modificase a necesidade de cobertura da citada praza, a dirección da fundación poderá modifica-lo número de prazas que haxa que seleccionar dentro da categoría convocada.

-Solicitude de participación.

Os aspirantes deberán remiti-lo seu currículum vitae detallado, con acreditación documental dos méritos alegados, á Área de RRHH da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, domiciliada en lg. Recheo, s/n, Paseo Marítimo, 15270 Cee (A Coruña), no prazo non prorrogable de 20 días naturais, contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio no DOG, indicando no sobre a referencia correspondente, logo do pagamento da cantidade de 40,75 euros, do que achegará xustificante de pagamento, en concepto de dereitos de exame, que se ingresarán na conta do Banco Santander Central Hispano, nº 0049/3563/12/2814021901.

Teléfono de información: 981 70 61 87.

Cee, 15 de outubro de 2002.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública

Hospital Virxe da Xunqueira