Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a corporación provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Boborás, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos seguintes impostos: imposto sobre circulación de vehículos; taxa de recollida de lixo e redes de sumidoiros, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 25 de outubro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense