Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.304

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

VECIÑAS DE VIGO, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA DE VIVENDAS

ANUNCIO da fusión por absorción de Porta do Atlántico, S. Coop. Galega de Vivendas por Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas.

Comunícase, segundo artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que nas asembleas xerais extraordinarias do 10-11-2002 se aprobou o acordo de fusión de Porta do Atlántico, S. Coop. Galega de Vivendas (sociedade absorbida) por Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas (sociedade absorbente). A entidade resultante da fusión denominada Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas é unha sociedade cooperativa de 1º grao, establecéndose o seu enderezo social na rúa Redondela nº 6, 36209 Vigo. Tódolos socios da sociedade resultante desfrutarán dos mesmos dereitos e terán as mesmas obrigas. Así mesmo, o obxecto social será a promoción e construcción dun máximo de 288 vivendas en réxime de vivenda de protección autonómica (artigo 3 dos estatutos sociais). Comunícase ós posibles acredores das cooperativas intervenientes na fusión o exercicio de oposición a ela conforme o artigo 81 da Lei 5/1998.

En Vigo o 11 de novembro de 2002.

Rafael González Rodríguez

Presidente de Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega

de Vivendas